Teatro

Dona Emilia

ESPECIAL EMILIA PARDO BAZÁN

 

Charo López e Luis Santana xuntan de novo os seus talentos nun precioso recital adicado a Emilia Pardo Bazán ao redor das cartas de amor a Benito Pérez Galdós.

Máis de 90 cartas escritas en 32 anos das que extraímos algúns fragmentos nos que contan a amizade, o amor e a admiración entre dous xenios do seu tempo, que compartiron inquedanzas creativas, avatares editoriais e algunha escapada ocasional. Unhas cartas nas que a personalidade de Pardo Bazán -apaixoada, clara, guerreira, maternal- brilla tanto como o seu dominio da linguaxe, a súa graza e a súa orixinalidade.

Nos seus textos veremos como a súa relación foi evolucionando -con altibaixos e algúns serios contratempos ao cruzarse terceiros no seu itinerio- dende unha reverencial admiración de Pardo Bazán ao mestre ata un amor corpo a corpo e sen complexos.

Prezo: 13€ | 15€ | 20€



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 31 de Outubro de 2021 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

  • Charo López – Intérprete
  • Luis Santana – Barítono
  • Víctor Carbajo – Piano