Familiar

Dragones y chupacabras, una aventura bilingüe

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO (EMHU)

 

DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE é o espectáculo que o prestixioso autor estadounidense Adam Rubin preparou para o EMHU. Un excelente show de contacontos bilingüe (castelán-inglés) baseado nos seus libros e pensado para nenos. Nesta ocasión Adam presentará dúas dos seus grandes éxitos, O Chupacabras e Dragon´ s Love Tacos. Dúas historias cheas de humor, aventuras, tenruras e encantadores monstros famentos. Durante o espectáculo os nenos escoitan, participan e aprenden novas palabras de mans dun escritor nativo. E ao final do espectáculo ábrese unha quenda de preguntas e respostas onde os nenos poden aclarar as súas dúbidas acerca das historias escoitadas e das palabras aprendidas.

Adam Rubin ( Stamford, Connecticut, 1983) é un prestixioso autor con máis de dez títulos publicados e un millón de exemplares vendidos. Os seus libros permaneceron na lista de best sellers de The New York Times durante máis de 250 semanas e o seu último título, O Chupacabras, foi nomeado ao Blue Bonnet, considerado como un dos premios literarios máis prestixioso de Estados Unidos. A peculiaridade deste último libro radica en que está escrito en dous idiomas á vez: inglés e castelán. Dada a situación política actual en Estados Unidos, Rubin sente que promover a educación bilingüe para nenos é máis importante que nunca. Por iso viaxa visitando escolas e teatros de todo o mundo presentando e compartindo os seus libros cos máis pequenos. Actualmente está a mellorar a súa escritura en español e investigando outros proxectos para promover a aceptación multicultural en Estados Unidos.

Prezo: 10€
(Bono Chiquijamming + Dragones y Chupacabras = 15,00 €
(desconto válido en compras por teléfono e no despacho de billetes)
Duración: 50 minutos
Idioma: Castellano-Inglés
Calificación: +6

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 19 de Maio de 2019 | 12:00