Cabaré

EL INTÉRPRETE, con ASIER ETXEANDÍA

ASIER ETXEANDÍA

Actor, cantante, intérprete. Nado en Bilbao. Gañador en 2012 dos premios Max e Unión de Actores á mellor interpretación masculina na obra La Avería de Blanca Portillo, puidemos velo tamén en Medea, Hamlet, Barroco e Infierno de Tomaz Pandur. En El sueño de una noche de verano dirixida por Tamzin Towsend, e Cabaret de Sam Mendes, traballo que lle valeu os premios da Unión de Actores e o Telón Chivas a actor revelación.

Asier é un profesional polifacético ao que puidemos ver en Producións cinematográficas como Los dáis no vividos, Las treces rosas, La mirada violeta, Café solo ou con elas. El Capitán Trueno e El Santo Grial, 7 minutos, co que gañou o premio ao novo valor do cine español do Festival de Cine de Málaga. Participou en series de televisión como La Fuga, Herederos, Los hombres de Paco, Un paso adelante, entre tantas otras.

A súa faceta musical, comeza no Rock liderando bandas como Ajo&Agua, coa que recibe o premio ao mellor cantante no Certame ImaginaRock do ano 1997. Despois convértese en cantante e Frontman da banda CIRCUSMANÍA, coa que monta o Show Feromono Feroz que dirixe e produce el mesmo. Interpretou as bandas sonoras de diferentes Producións teatrais e cinematográficas como Cabaret, Hamlet, Barroco ou Las trece rosas. Participou como intérprete en proxecto musicais como Un rayo de luz onde coñeceu a Tao Gutiérrez, actual director musical de El Intérprete.

En 2005 traballou coa desaparecida banda Blue Alien’s Temple, onde experimentou quizais a produción musical de maior calidade na súa carreira, experiencia que foi obxecto de estudio na carreira de Musicoloxía da Universidade de Oviedo. Comparteu escenario con Pastora e La Terremoto de Alcorcón e gravou duetos con Fangoria. El Intérprete supóna súa consagración como cantante, interpretando temas orixinais e versión que compoñen unha viaxe emocional ao longo de todo o século XX e das nosas propias vidas.

Prezo: 22 € 15 € (ANTES 28/09) / 24 € 15 € (A PARTIR DE 28/09)
Duración: 120 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 5 de Outubro de 2014 | 20:30

SINOPSE

Asier aprendeu a falar cantando. Repetindo as cancións que sonaban na radio da súa infancia. Sempre necesitou cantar. Esta necesidade propicia o encontro co compositor e produtor musical Tao Gutiérrez que conta cunha extensa vida profesional e un amor extremo á música.

Desta unión artística nace El Intérprete, unha viaxe musical a través daquelas cancións e intérpretes dramáticos e solitarios que forman parte das nosas vidad hoxe, e das de moitos outros antes ca nós. Kurt Weill, Héctor Lavoe, Lucho Gatica, Chavela Vargas, La Lupe, Gardel, Talking Heads, David Bowie, Rolling Stones…

Figuras que se abandonan en escena e cantaban atravesando o Espello da experiencia para transmitirnos verdades en primeira persoa. Esa ‘verdade’ transfórmase hoxe en El Intérprete, un grupo de artistas liderados por Asier Etxeandía, un concerto íntimo e elegante, con Guillermo González ao piano, o contrabaixista Enrico Barbaro e Tao Gutiérrez á percursión, as programacións e dirección musical, compoñen unha das bandas máis potentes do momento.

 

FICHA ARTÍSTICA

EL INTÉRPRETE. Asier Etxeandría. PERCUSIÓN E ELECTRÓNICA. Tao Gutiérrez. PIANO. Guillermo González. CONTRABAIXO. Enrico Barbaro. VOZ EN OFF. Ramón Langa. DIRECCIÓN DE ESCENA. Álvaro Tato, Lautaro Perotti, Santiago Marín. DIRECCIÓN MUSICAL. Tao Gutiérrez. DRAMATURXÍA. Álvaro Tato. DESEÑO DE ILUMINACIÓN. Juan Gómez Cornejo, Carmen Martínez. VESTIARIO. Sastrería Cornejo, Cristina Pérez. TÉCNICO DE ILUMINACIÓN. Carmen Martínez. SON DIRECTO. Adolfo Sánchez. FOTOGRAFÍA. Lukia Stathatou. DESEÑO GRÁFICO. Paula Lupiáñez (Cirugía gráfica). PRODUCIÓN AUDIOVISUAL. Alfonso Cortés-Cavanillas. La Caña Brothers. PRENSA E COMUNICACIÓN. María Díaz. COMMUNITY MANAGER. @BgVazquez. BRANDING MANAGER. Elisa Damiani. DISTRIBUCIÓN. Lope García – SEDA. AXUDANTE DE PRODUCIÓN. Javier Huertas. PRODUCIÓN EXECUTIVA. Ana S. de la Morena, José Luis Huertas. UNHA PRODUCIÓN DE. Factoría Madre Constriktor.