Danza

EL LAGO DE LOS CISNES, Ballet Nacional Ruso

  • 20 % DE DESCONTO COMPRANDO ENTRADAS PARA AS DÚAS PEZAS DO BALLET NACIONAL RUSO: ‘EL LAGO DE LOS CISNES’ (VENRES 16 DE DECEMBRO) E ‘EL CASCANUECES’ (SÁBADO 17 DE DECEMBRO). SÓ APLICABLE NOS DESPACHOS DE BILLETES.

O Ballet Nacional Ruso fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscú, Sergei Radchenko, intenta realizar a súa visión dunha compañía que reunira os elementos máis clásicos das grandes compañías do Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso. Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporais como ‘Giselle’, ‘Don Quixote’, ‘Paquita’ e ‘Carmen’.

Dende os seus inicios, o Ballet Nacional Ruso completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.

A compañía realiza, ademais, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con grande éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong. Baixo a dirección de Sergei Radchenko, o Russian National Ballet continúa ampliando o seu repertorio.

Ademais da posta en marcha de novos traballos tanto en Rusia como no estranxeiro, a compañía especialízase nos ballets máis complexos do século XX, como ‘A Cincenta’, ‘Romeo e Xulieta’, ‘A Lenda do Amor’, ‘Flor de Pedra’ e ‘A Idade de Ouro’. Elena Radchenko investigou as producións orixinais en canto á coreografía e escenografía de varios ballets clásicos de Marius Petipa, incluíndo novas producións no ano 2000 de ‘Don Quixote’, ‘Paquita’ e unha recreación de ‘Giselle’ de Jules Perrot e de Jean Coralli.

O Ballet Nacional Ruso percorre de costa a costa os EEUU todas as tempadas nunha longa xira amosando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.

Nado en 1944, Serguei Radchenko gradúase na Escola de Danza de Moscú, para formar parte como Gran Solista da Compañía do Teatro Bolshoi durante 25 anos. Bailou todo o repertorio do Bolshoi, acadando unha especial reputación nas danzas españolas, particularmente no papel de toureiro na obra de Bizet-Schedrin ‘Carmen’, sendo a parella de baile de Maya Plisétskaya.

S. Radchenko é o fundador do Ballet Nacional Ruso co que realiza unha encomiable labor ao longo de máis de vinte anos, amosando por todo o mundo a grandeza e mestría da danza clásica rusa. Ademais, S. Radchenko é habitualmente convidado polos centros máis importantes a nivel mundial para impartir master-class, facendo patente o liderazgo da escola do Teatro Bolshoi de Moscú.

S. Radchenko é dende 1976 Artista Honorario do Pobo da URSS.

Prezo: 23 € (VR) / 26 € / 29 € *
Duración: 120 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 16 de Decembro de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

SOLISTAS: MARIA SOKOLNIKOVA, MARIA KLYUEVA, ANNA ZIMOVCHENKO, OLGA GUDKOVA, ALEXANDRA KRUKOVA, DMITRI SITKEVICH, NURLAN KINERBAEY, ALEXANDER DAEV, IVAN ZVIAGINCEV. MÚSICA: PIOTR TCHAIKOVSKY, LIBRETO: VLADIMIR BEGHITCHEV / VASILI GELETZER. COREOGRAFÍA: MARIUS PETIPA.