Concerto

ELVIS VIVE

Aclamado pola crítica de todo o mundo ano tras ano, actor en “Leaving Las Vegas” xunto a Nicolas Cage, Greg Miller presenta neste espectáculo gravacións íntimas que amosan a súa relación con Elvis Presley. Greg Miller, considerado como o mellor Elvis de todos os tempos. O artista coñeceu a Elvis Presley na súa mocidade e mantivo unha estreita relación co mesmo nos seus últimos anos de vida. A súa magnífica presenza e coidada voz desembocaron no seu recoñecemento a nivel mundial. O espectáculo “Elvis Vive” é, sen lugar a dúbidas, o mellor xeito de coñecer o traballo que o Rei do Rock ofreceu nos escenarios, cun enfoque musical ao máis puro estilo do son en directo, xunto a un artista que desenrola o seu papel á perfección e unha posta en escena impecable.

Prezo: Antes de 10.01.2017 18€ (16€ V.R.) / A partir de 11.01.2017 21€ (18€ V.R.)
Duración: 80
Idioma: CAST.
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 28 de Xaneiro de 2017 | 20:30