Teatro

Enrique Piñeyro: Volar es Humano, Aterrizar es Divino

Enrique Piñeyro é dificilmente catalogable: médico, comandante de liña aérea, actor, produtor, director de cinema e teatro, e chef. Deste estraño cóctel profesional nace Volar es Humano, Aterrizar es Divino, un espectáculo teatral multimedia que ten dous grandes obxectivos: que os espectadores perdan o medo a voar e que rían moito. O primeiro non está garantido ao 100%. O segundo, si.

Durante 7 anos consecutivos, Volar es Humano, Aterrizar es Divino encheu os prestixiosos teatros Maipo e Coliseo de Buenos Aires, así­ como os mellores teatros das principais provincias de Arxentina, en España nos Teatros da Canle de Madrid, ademais de Bilbao, Vigo, etc.

Partindo dunha espectacular e impactante recreación do accidente do voo 052 de Avianca, Piñeyro fainos reflexionar sobre como se construíu o medo aos avións. Cun sentido do humor acedo e intelixente, fálanos do erro humano, dos fallos e ‘absurdidades’ da comunicación e contrapón situacións da nosa vida cotiá coa aeronáutica. A publicidade, a polí­tica, a educación e a saúde son as ‘ví­timas’ principais da ironía máis mordaz de Piñeyro que nos demostra que o mundo serí­a un sitio mellor se funcionase como os avións.

Coa recreación exacta dunha cabina de Boeing 737-200 e un xogo de proxeccións que converten o escenario nun voo, a posta en escena logra unha fusión perfecta entre o cinema, o teatro e o monólogo de humor. Enrique Piñeyro sorprende co seu humor e converte este orixinal espectáculo nun novo xénero que alterna sen pausa entre a risa e a reflexión profunda.