Teatro

Eroski Paraíso

Chévere. 30 ANOS DE TEATRO GALEGO

Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25.

Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas.

Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración.

Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.

Prezo: Platea: 15€ / Palcos centrais: 12€ / Principal: 9€ / Palcos laterais: 6€. Menores de 12 anos: 60% dto.



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 26 de Decembro de 2017 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

EN ESCENA: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e a colaboración especial dun veciño da comunidade local. Coa participación de Luís Martínez, Rosa Moledo e Federico Rei. DRAMATURXIA, DIRECCIÓN: Xron. ESCRITA: Manuel Cortés. TÉCNICA: Fidel Vázquez. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Arantza Villar. ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: Chévere. CONSTRUCIÓN: +Arte Compostela. MÚSICA: Terbutalina. ESPAZO SONORO: Xacobe Martínez Antelo. FOTOGRAFÍA: Matteo Bertolino. VÍDEOS: Númax. GRÁFICA: Fausto Isorna. COMUNICACIÓN: Xana García. PRODUCIÓN: Patricia de Lorenzo, Inés Portela.  DISTRIBUCIÓN: Crémilo-Carlos Carbonell.