Cine

Isto non é Berlín

TRC DANZA. PROGRAMACIÓN EXTENDIDA

 

Colectivo RPM retrata a escena da danza e das artes vivas na Coruña, a través dunha peza documental que conta coa participación dalgunhas das artistas que conforman esta comunidade.

Isto non é Berlín atende á realidade das artes vivas na cidade e no territorio galego. As conversas mostran unha verdade con luces e sombras, un mapa de persoas plurais que nos achega á situación da creación contemporánea actual.