Humor

Fantastic Colofón

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

GALA FINAL E ENTREGA DE PREMIOS EMHU 2020

O Fantastic Colofon é o espectáculo de clausura do EMHU. Trátase dunha gala creada para o festival e da que só haberá unha representación. Non a podes perder!

Ademáis, no evento contaremos con Silvia Abril (Masterchef Celebrity, Tu cara me suena e presentadora dos Premios Goya), Luis Piedrahita (El Hormiguero e El Club de la Comedia) e Xosé Antonio Touriñán (Fariña y Land Rober). Este elenco de luxo citará a varios compañeiros/as de profesión para presentar un espectáculo único e exclusivo. Tras máis de dez días de actuacións en directo, encontros, mesas redondas, exposicións e estreas, esta gala corona o festival dende o Teatro Colón de A Coruña.

Ademáis, xa que temos nun mesmo teatro a Silvia, a Touriñán e a Piedrahita rodeados de amigos e cameos, aproveitaremos para entregar os Premios EMHU aos artistas gañadores deste ano. Os Premios EMHU 2020 son o broche final do Encuentro Mundial de Humorismo e do Fantastic Colofon. Contaráse coa colaboración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo e da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Prezo: Anticipada: 20€ | 25€ | 27€
Billeteira: 22€ | 27€ | 29€

Duración: 90 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 10 de Maio de 2020 | 20:00