Música

Festa da Música: Paula Ríos

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | FESTA DA MÚSICA | DE GRANADA A SAMARCANDA: O EXOTISMO EN EUROPA

 

Paula Ríos desenvolve unha intensa actividade como solista en España, Reino Unido, Francia, Suíza, Alemaña e Arxentina, e realizou gravacións para RNE, TVE, Radio Suisse Romande, TVG, IB3 e RG. O seu campo de estudo é o comezo do Romanticismo.

O seu primeiro CD, Chopin en Mallorca, foi gravado para o Museo Chopin de Valldemossa e presentado pola Chopin Society co piano do compositor en Londres.

Realiza regularmente proxectos con instrumentos orixinais do s.XIX. O seu último CD, Cantar con los dedos (Calanda Music), está dedicado ao Chopin novo e outros pianistas virtuosos do seu círculo. Amais, Paula Ríos investiga o nacionalismo e as vangardas en España. O seu CD Viento de Plata (Columna Música) recupera a obra de Xesús Bal y Gay e Rosa García Ascot, compositores da Xeración do 27.

Paula Ríos finaliza os seus estudos de Piano con Premio Extraordinario Fin de Carreira no CSM de Vigo, continúa a súa formación na Musik-Akademie der Stadt Basel (Suíza) con László Gyimesi e Rudolf Buchbinder, onde recibe o Diploma de Concerto e completa os seus estudos de Solista. Complementa a súa formación con Claudio Martínez-Mehner e participa en clases maxistrais de Elisabeth Leonskaja, Alicia de Larrocha, Piotr Anderszewski, Dimitri Bashkirov e Joaquín Achúcarro, entre outros. Obtén varios premios e bolsas da Schweizerische Interpretenstiftung, Lyra Stiftung, Fundación Gil Dávila, Fundación Pedro Barrié de la Maza e Caixanova. Actualmente está a preparar o seu seguinte disco, adicado a Fanny Mendelssohn.

É profesora de Piano no Conservatorio CIEM Federico Moreno Torroba (Madrid).

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 26 de Xuño de 2022 | 19:00