Música

Freedom presenta The very best of Aretha Franklin

ELAS SON ARTISTAS

 

Por terceiro ano consecutivo, celebramos no Teatro Colón a actuación principal do Festival Metropolitano de Música e Artes para a Igualdade Elas Son Artistas. Nesta ocasión a homenaxeada é Aretha Franklin, unha das mellores artistas da historia e unha feminista recoñecida.

Gozaremos de Freedom (The Very Best of Aretha Franklin), unha banda de once artistas coruñeses que participan noutros proxectos como Hot Chocolates, Garufa Blue Devils ou Sisters In the House e que aman a música negra. A voz de Noelia Santos afronta o reto de interpretar os temazos como un dos himnos feministas: o respecto.

Coa entrada ao concerto, terás preferencia para asistir á estrea na Coruña do documental Amazing Grace (1972) de Aretha Franklin, que se proxectará en Afundación uns días antes.

Máis información en Elassonartistas.gal