Prezo: ANTES 21/03/2015: 9 € (VR) / 10 €. DESDE 22/03/2015: 9 € (VR) / 12 €
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA. HENRIQUE PEÓN. INTÉRPRETES. XACARANDAINA E CONVIDADOS. DESEÑO DE LUZ. SANTI MAÑASCO.
XACARANDAINA, GALA DO PATRIMONIO INMATERIAL
O baile tradicional é unha das artes máis importantes en Galicia. A súa música, a súa riqueza de movementos e coreografías, a súa dificultade e a cantidade de persoas que o practican, non só en Galicia senón en todo planeta fan del un dos bailes folclóricos máis importantes e interesantes a nivel mundial.
Este espectáculo está pensado para promover e dar visibilidade á petición que se vai facer perante o Ministerio de Cultura da declaración do BIC (Bien de Interés Cultural), para despois presentar a candidatura de “Baile e música de Galicia” a Patrimonio Inmaterial da Humanidade perante a Unesco.
Nesta Gala mesturaranse os bailes, músicas e vestiarios do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina con actuacións de xentes do pobo que viviron o noso folclore e foron quen de gardalo, sendo os verdadeiros transmisores e baluartes da riqueza e autenticidade da nosas artes inmateriais.