CONEXIÓNS -Danza

Gala Solidaria de Danza

A beneficio do proxecto Viaxe Cara á Vida da ONG Terra de Homes en Galiza.

Nova edición da gala solidaria de danza a beneficio do proxecto Viaxe cara á Vida da ONG Terra de homes en Galiza. Presentada polo mago Chrystyan Magic e con actuacións de varias escolas de danza locais. Os fondos recadados destinaranse ao programa de saúde Viaxe cara á Vida, que consiste no traslado á cidade de nenos con problemas de saúde de países en vías de desenvolvemento para ser operados ou tratados en centros hospitalarios coruñeses.

 

Prezo: Por determinar



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 26 de Novembro de 2017 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

Presentado por Chrystyan Magic . Actuación escolas de danza: (Escuela Danza Druida e outra escola).