Maxia

Galicia Magic Fest

II Gala Internacional de Ilusionismo

Tras o éxito do ano pasado volve Galicia Magic Fest. Os mellores e máis premiados ilusionistas do mundo chegan ao Teatro Colón para deixarche pampo cos seus impactantes e sorprendentes números. Un espectáculo único para toda a familia que fará que poidas ver maxia en directo como nunca antes a viras.

TINA LENERT – (Estados Unidos). Desde Los Ángeles (USA.) vén a Galicia Magic Fest unha das magas máis prestixiosas do mundo. O seu número de maxia percorreu os cinco continentes e apareceu en centos de programas de televisión de todo o mundo. Considerada unha lenda vivente da maxia.

DUO KIBALYON – (Rusia). Inna Rudova e Guillermo Neumaye son especialistas en cambios de vestiario sorprendentes e ultrarrápidos. Percorreron festivais de todo o mundo e participaron en programas con Got Talent ou o prestixioso programa de televisión Lle Plus Cabaret du monde en París.

HENRY EVANS – (Arxentina). Henry Evans é un referente dentro do sector do ilusionismo e un dos magos máis recoñecidos do mundo. Evans recibiu en 1995 da Entidade Máxica Arxentina a distinción do mago do ano, e no ano 2000 logrou en Lisboa o Primeiro Premio de Cartomagia do Campionato Mundial de Maxia FISM. Desde 2002 é socio de honra da convención das catro FFFF en New York, onde recibiu o MVP. Desde 2010 é habitual como xurado internacional en diversas competicións máxicas e actuante habitual do Castelo Máxico de Hollywood.

ARKADIO – (España). Chega á Gala de Galicia Magic Fest uno dos magos españois máis internacionais. Recentemente chegado de House of Magic en Macao e o Castelo Máxico de Hollywood preséntanos o seu último espectáculo de grandes ilusións como broche de ouro a Galicia Magic Fest. Premiado co Óscar da Maxia MANDRAKE D’ OR e a VARITA DE OURO de MONTECARLO entre moitos outros premios.

 PRESENTADO E DIRIXIDO POR PEDRO VOLTA

Prezo: Principal e Palcos VL: 18€ / Resto: 20€ / PROMO 4X3



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 3 de Xaneiro de 2018 | 18:30
  • Mércores, 3 de Xaneiro de 2018 | 21:00