Música

Gallaecia Big Band coa BMMC

Encontros coa BMMC

 

Gallaecia Big Band, a Big Band de Galicia formada por 15 artistas, caracterízase pola súa potencia visual e sonora e leva varios anos amenizando eventos de gran nivel como a Gala do Cancro, conferencias, entrega de premios e varias intervencións en numerosos programas da TVG. O repertorio para este concerto de colaboración está formado por cancións de sempre no que se tocarán varios estilos musicais como os mambos, boleros, chachachás ou o swimg, como no caso do New York, New York ou clásicos galegos como Negra Sombra. Todos os arranxos para a banda foron realizados polo director de Gallaecia Big Band, Cristian Leggiero, e seranlle facilitados á banda para a realización do concerto.

Para esta ocasión, Gallaecia Big Band ofrece a 8 artistas, os seus solistas e 2 cantantes:

  • José Luis Miranda, trombón solista
  • Hansel Luis Díez, trompeta solista
  • Pablo Castaño, saxo solista
  • Carlos Bastón, batería
  • Pachi Cruz, contrabaixo
  • Cristian Leggiero, dirección, arranxos e piano
  • Paty Lesta, cantante
  • Toño Otero, cantante e saxo
Prezo: 5€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 21 de Maio de 2020 | 20:00