MATINAIS -Música
EVENTO INFANTIL INFANTIL

Gallaecia Gallaeciños. A historia do jazz

Un proxecto educativo, teatral e musical co que queremos facer chegar aos rapaces e rapazas a Historia do Jazz, dun xeito entretido e participativo para que aprendan divertíndose.

O noso equipo artístico, formado por 6 músicos e 2 cantantes – actores, comezarán o concerto didáctico sendo escravos, que entre cadeas e algodón, achegarannos ao nacemento do jazz co Góspel e, sucesivamente, faremos un percorrido cronolóxico pola súa historia, rememorando os seus diferentes intérpretes e estilos máis célebres como Scott Joplin, Duke Ellington, Charlie Parker. Explicaremos o Gospel, o Rag-Time e Dixieland, o Blues, o Swing, o Be-Bop, Funky e Soul.

Unha actividade única e exclusiva onde a Historia, a música, o teatro e a diversión van da man!

 

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 19 de Novembro de 2017 | 12:00

FICHA ARTÍSTICA

GUIÓN: Gallaecia Big Band. VESTIARIO: Gallaecia Big Band. PRODUCIÓN: Gallaecia Big Band.