O monologuista Goyo Jiménez chega a Galicia en novembro para representar a segunda parte do seu espectáculo Aiguantulivinamérica (si, si, o dos americanos), 15 anos despois da súa estrea exitosa. Unha nova oportunidade para desfrutar da súa cómica comparación das/os españois e americanas/os que non podes perder.
Sinopse: “Goyo, cando vas facer máis monólogos de americanos, cando vas facer máis monólogos de americanos…?” Pois, queridas e queridos, o momento que todos estabamos agardando xa está aquí. Quince anos despois da estrea do espectáculo Aiguantulivinamérica, chega a segunda entrega da saga de monólogos máis celebrada… Aiguantulivingamérica 2. Si, damas e cabaleiros: volven as comparacións entre o fabuloso modo de vida estadounidense e o, digámolo así, menos glamuroso dos españois. Volven Mike, Joe, Susan, o pequeno Timmy e unha morea de novas personaxes, metidas de cheo en situacións absurdas que a todos nos soan e nos fascinan. Volve o surrealismo, o disparate, a complicidade e o enxeño, mesturados a partes iguais. Pero, sobre todo, volve o único e inimitable experto en asuntos americanos, Goyo Jiménez.
Goyo Jiménez – Aiguantulivinamérica 2