Recital

Grandes voces para grandes óperas

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

 

Neste concerto contaremos coa presenza de tres dos mellores cantantes españoles da actualidade, o barítono Carlos Álvarez, aínda recente o seu triunfo no Don Carlo do ano pasado e pouco despois da aparición do soberbio Otello que gravou xunto a Antonio Pappano e Jonas Kauffman; o tenor Alejandro Roy, que comparece en España despois do enorme éxito que colleitou durante a temporada pasada como Calaf na Turandot do Metropolitan de Nova York; e o baixo Simón Orfila, tralo seu aclamado Leporello no noso Don Giovanni con posta en escena de Carlos Saura e dos seus triunfos en Italia co Ernani verdiano, entre outros.

A estas tres figuras españolas da lírica súmase a que para moitos é hoxe a gran soprano dos nosos días, Sondra Radvanovsky, na súa única actuación en España prevista para este ano. Despois de clausurar a nosa última Programación Lírica, a cantante foi distinguida a finais de 2019 co galardón á ‘Mellor Cantante’ nos Premios da Lírica, sucedendo a Mariella Devia, a anterior receptora deste importante recoñecemento que entregan tódolos teatros e festivais líricos españois.


DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 3 de Setembro de 2020 | 20:00

SINOPSE

Repertorio
  • Giuseppe Verdi: Aida, Ernani, Macbeth, Otello, Nabucco, Attila.
  • Giacomo Puccini: Tosca.
  • Umberto Giordano: Andrea Chènier.
  • Ludwig van Beethoven: Fidelio.
  • Marcial del Adalid: Fantasía sobre 'Inés e Bianca' (reconstrución de Juan Durán).
  • Juan Durán: Fantasía sobre 'O Arame'.


FICHA ARTÍSTICA

  • Sondra Radvanovsky, soprano
  • Carlos Álvarez, barítono
  • Alejandro Roy, tenor
  • Simón Orfila, bajo
  • Coro Gaos / Alfredo Abbati, piano