Títeres
EVENTO INFANTIL INFANTIL

GÜELA-GÜELA, Galitoon

Baseada na obra ‘Concerto de aves’ de Frans Snyders, a solicitude do Museo Nacional do Prado e no marco das actividades dirixidas a público familiar e infantil que visita o museo.

En ‘Güela-Güela’ apostamos, unha vez máis, polo público de 1 a 6 anos cun espectáculo de gran plasticidade, moi visual e cargado de emocións e música que fará as delicias tanto dos pais como dos seus fillos.

Unha sinxela trama, unha sinxela aventura pero que te manterá pegado ao teu asento do principio ao fin. O movemento, o ritmo, a música e a presenza dos personaxes nun contexto concreto: o voo dos paxaros no aire.

Prezo: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 45 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +1

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 27 de Novembro de 2016 | 18:00

SINOPSE

Dende sempre, a misión das cegoñas foi a de levar aos bebés recentemente nados aos brazos dos seus papás, voando sempre en grupos ou en bandadas.

Para iso, foron dotadas duns picos longos e fortes, unhas ás grandes e poderosas e unha forma de voar elegante e firme que lles permite percorrer grandes distancias ata chegar aos seus destinos.

Pero un día, Güily, unha pequena cegoñiña, decidiu que xa era maior para levar un atadallo cun bebé aos seus pais, e incorporarse a unha das bandadas de reparto. Pero ao ter o pico cortiño, as ás pequenas, pero, sobre todo, ao ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo do voo, a negativa da comunidade de cegoñas foi unánime.

Aínda que, un día, sen saber moi ben como, as cegoñas adultas esqueceron un atadallo cun bebé moi peculiar … Que pasará a partir de aquí? Quen levará a ese bebé ata os seus pais? 

Aquí comeza a gran aventura e unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia, pero, sobre todo, de ‘voar’ sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podemos atopar.



FICHA ARTÍSTICA

GUIÓN E DIRECCIÓN: CHISCO CASTELEIRO. ACTORES/MANIPULADORES: ANA CONCA, BELÉN GONZÁLEZ, VICTORIA PÉREZ, CHISCO CASTELEIRO. VOZ EN OFF E CANTANTE: ANA CONCA. DESEÑO DE PUPPETS: CHISCO CASTELEIRO. CONSTRUCIÓN DE PUPPETS, ATREZZO E DECORADOS: GALITOON. MÚSICA: TONY TORRES. DESEÑO GRÁFICO: CARLOS SÁNCHEZ