Debate

Harmatán. Festival Nómada da Cultura Africana. Muller e África

DE FESTIVAIS

O Festival Nómada da Cultura Africana HARMATÁN constitue unha proposta conxunta do Teatro Colón e do Teatro Rosalía para achegar a cultura nómada a través das artes. Mentres que o Teatro Rosalía acolle as propostas de teatro e danza o Teatro Colón aborda a temática dende o cinema e o debate.

Harmatán é o resultado do traballo conxunto dos programadores  e  da coordinación das sedes que forman  o corredor cultural
A Coruña-Móstoles-Murcia para xenerar unha nova forma de achegarse a un continente multicultural e moderno a través das  súas expresións artísticas, que dan conta da heteroxénea  realidade africana.

Mesa redonda

MULLER E ÁFRICA

Ken Bugul, escritora (Senegal)| A súa obra profunda na cuestión da identidade como negra, muller e individuo.
Nicole Ndongara, activista (RD Congo) | Pon o foco nos 22 millóns de mulleres e nenas desprazadas e refuxiadas que hai no mundo e que viven a discriminación de xénero, abusos sexuais ou malos tratos físicos ou psicolóxicos.
Lucía Mbonio, xornalista (España) | Como xornalista e experta en cooperación, investiga de que maneira os medios representan e instrumentalizan aos africanos e aos afrodescendientes.

Prezo: Acceso gratuito ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 30 de Marzo de 2019 | 19:00