Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.
DATAS E HORARIOS
- Venres, 24 de Novembro de 2017 | 20:30
FICHA ARTÍSTICA
CANTANTES: Pilocha, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Uxía, Sonia Lebedynski, Belén Tajes, Carmen Rey e Alba Rodríguez. BANDA: José Manuel Díaz (dirección e contrabaixo), Felipe Villar (guitarra), Roberto Comesaña (acordeón e piano), Manuel Paino (trompeta) e Javier Barral (percusión). DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Cristina Domínguez.
Hemisferios. Mulleres e Voces
Espectáculo musical con Uxía, Pilocha, Alba María, Belém Tajes, Ugía Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey.
Un único concerto especial e unha celebración de oito voces en oito mulleres. Leva o título da canción composta por Alba María, a petición da área de Cultura da Deputación da Coruña, co motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. É este un proxecto que pon en común a creatividade de oito das máis recoñecidas voces da nosa música. Uxía, Pilocha, Alba María, Belem Tajes, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey, voces de diferentes xeracións e estilos, únense, nun tema musical que busca celebrar desde o orgullo, a vindicación, a emoción e a vontade de loitar e de avanzar na igualdade de xénero, para unha sociedade máis xusta e mellor.
Cada artista interpretará unha canción do seu repertorio e xuntas cantarán o tema “Hemisferios”, himno deste 2017 para o 8 de marzo, o broche desta gala única e irrepetible.