Cine

I Semana do Cinema Galego – Quien a hierro mata

I Semana do Cinema Galego

 

Quien a hierro mata, de Paco Plaza.

Nunha aldea da costa galega vive Mario, un home exemplar. Na residencia onde traballa como enfermeiro todos o aprecian. Cando o coñecido narco Antonio Padín ingresa no centro, Mario trata de que o ancián se sinta como na casa. Agora, os fillos de Padín -Kike e Toño- están ao mando do negocio familiar, mais unha fallida operación de contrabando levará a Kike ó cárcere e xeraralles unha perigosa e cuantiosa débeda cun proveedor colombiano. Toño recurrirá ó enfermeiro para que persuada ao pai de que a salde… mais Mario ten os seus propios plans.

Curtametraxe: Abuelitos, de Paco Plaza.

Invitada:

  • María Vazquez, actriz protagonista.
  • Juan Galiñanes, guionista.

I SEMANA DO CINEMA GALEGO

O Teatro Colón exhibirá do 6 ao 9 de Febreiro os cinco filmes candidatos aos premios Mestre Mateo 2020. Antes de cada película proxectarase unha curtametraxe previa do realizador para profundizar no seu traballo, e ao remate haberá un coloquio con invitados moi especiales.

Coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual.

Prezo: Acceso libre ata completar aforo

Idioma: Galego / Castelán

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 8 de Febreiro de 2020 | 22:00

FICHA ARTÍSTICA

Título orixinal: Quien a hierro mata
Dirección: Paco Plaza
Ano de produción: 2019
Duración: 108 minutos
Idioma orixinal: Castelán
Elenco: Luis Tosar, María Vázquez, Xan Cejudo, Ismael Martínez, Enric Auquer.