Cine

I Semana do Cinema Galego – Eroski Paraíso

I Semana do Cinema Galego

 

Eroski Paraíso, de Jorge Coira e Xesús Ron.

Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.

Curtametraxe: ‘O matachín’, de Jorge Coira.

Invitados:

  • Xesús Ron, director.
  • Patricia de Lorenzo, actriz.
  • Miguel de Lira, actor.
  • Cris Iglesias, actriz.
  • Gaspar Broullón, produtor.

I SEMANA DO CINEMA GALEGO

O Teatro Colón exhibirá do 6 ao 9 de Febreiro os cinco filmes candidatos aos premios Mestre Mateo 2020. Antes de cada película proxectarase unha curtametraxe previa do realizador para profundizar no seu traballo, e ao remate haberá un coloquio con invitados moi especiales.

En colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.

Prezo: Acceso libre ata completar aforo

Idioma: Galego / Castelán

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 8 de Febreiro de 2020 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Jorge Coira, Xesús Ron
Ano de produción: 2019
Duración: 75 minutos
Idioma orixinal: Galego, castelán
Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez, Luís Martínez, Ana Santos, Federico Pérez