Cine

I Semana do Cinema Galego – Longa noite

I Semana do Cinema Galego

 

Longa noite, de Eloy Enciso.

Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.

Un retrato do impacto íntimo dunha guerra, atravesado pola súa memoria literaria: Max Aub, Luis Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Rodolfo Fogwill.

Curtametraxe: Isa003, de Eloy Enciso.

Invitados:

  • Eloy Enciso, director.
  • Beli Martínez, produtora.
  • José Manuel Sande, guionista da película anterior de Eloy Enciso.

I SEMANA DO CINEMA GALEGO

O Teatro Colón exhibirá do 6 ao 9 de Febreiro os cinco filmes candidatos aos premios Mestre Mateo 2020. Antes de cada película proxectarase unha curtametraxe previa do realizador para profundizar no seu traballo, e ao remate haberá un coloquio con invitados moi especiales.

En colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.

Prezo: Acceso libre ata completar aforo

Idioma: Galego

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 7 de Febreiro de 2020 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

Título orixinal: Longa noite
Dirección: Eloy Enciso
Ano produción: 2019
Duración: 90 minutos
Idioma orixinal: Galego
Elenco: Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Celsa Araújo, Verónica Quintela, Manuel Pumares, Suso Meilán.