Música

ISMAEL SERRANO, gira LA LLAMADA

ISMAEL SERRANO pasou a súa nenez no madrileño barrio de Vallecas (e iso imprime carácter), leva compoñendo cancións dende os tempos nos que estudaba Ciencias Físicas e miraba por telescopios cara afastadas constelacións. Da súa vocación frustrada de científico quedou un imposible feito poesía: poñer música a unha ecuación, véxase Principio de Incertidumbre.

En 1997, tras tocar en todos os cafés, bares e establecementos de Madrid que tiveran a ben programar concertos, publica Atrapados en Azul, que se converte nun éxito instantáneo. Papá, cuéntame otra vez toma forma de himno xeracional que, curiosamente, pasa de xeración en xeración, e Ismael, axiña, se lanza a dar a coñecer as súas creación por España e Latinoamérica. A súa conexión con América é inmediata e arrebatadora, e así, as súas xiras percorreron o continente ao longo e ancho: Argentina, Chile, México, Costa Rica, Colombia, Uruguay, Paraguay, Venezuela, República Dominicana… A ambos lados do océano os seus discos lograron se Ouro e Platino polas súas vendas.

Ademais da súa carreira como músico, Ismael Serrano exerceu como actor en tres longametraxes, escribiu artigos de prensa en diarios españois, cancións en bandas sonoras e guións para varias películas.

Cantaron con el nos seus discos artistas como Joan Manuel Serrat, Silvio Rodríguez, Mercedes Sosa ou Natalia Lafourcade. Seguindo a tradición do trobador comprometido co seu tempo colabora coas Nais e Avóas da Plaza de Mayo, coa Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina (UNRWA) e con Amnistía Internacional entre outros.

En 2014 inicia unha nova etapa co seu noveno álbum de estudio La Llamada cun single que se converte nunha convocatoria a través das redes sociais respondida por miles de seguidores a nivel mundial que puideron participar activamente no disco.

Prezo: 25€ (VR) / 30€
Duración: 120 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 30 de Xaneiro de 2015 | 21:00

SINOPSE

Estamos ante un disco luminoso. La Llamada ten aire de festa, textos onde abunda unha teoría da felicidade que reconforta. Son cancións para un tempo novo. Alegría de vivir no medio da tempestade.

‘La vida fue un ensayo hasta ahora / Sal a la calle / Salta las olas’ Reclama Ismael Serrano.

Pero a que soa La Llamada?

Soa a Ismael Serrano (por suposto) pero hai máis. Hai sons de América Latina, a épica de certo rock de combate, pop no mellor sentido da palabra, canción romántica, candombe, bachata e himno de cancha.

É canción de autor para o século XXI.

Neste disco menciónase a Kurt Cobain, cítase a Silvio Rodríguez e nun dos temas xunto a Ismael Serrano canta Natalia Lafourcade, unha das máis belas voces do novo pop mexicano.

E ademáis de todo isto: A que soa La Llamada?

A América.

No principio foi o folclore. Ou o folk, se se prefire. Todo músico non fai senón reinventar o folclore, cantar outra vez sobre eses vellos sons que enfeitizaban arredor da fogueira na noite dos tempos. Algúns músicos non saben, outros (pobres deles) ignórano. O folclore está na orixe do rock, do punk, da música electrónica …  Ismael Serrano sábeo. Coñece perfectamente que nun principio foi o folclore e que aos ritmos de certo folclore hai que regresar de cando en vez.

E Ismael Serrano actualiza o candombe e leva ao seu terreo a bachata e converte os sons do carnaval do Uruguay nun himno global titulado La Llamada.

Pero non só iso. Ismael Serrano igual bebe do pop  e do rock, das baladas de Damian Rice e outros cantautores británicos, dos violíns celtas e de certo ton insurreccional do punk.

E La Llamada é un himno. A todo artista lle gustaría compoñer un himno. Bob Dylan tivera matado por ser o inventor de A Marsellesa. Ben, iso é un boutade. Dylan escribiu Blowin’in the wind que é un himno. Ismael Serrano tamén constrúe himnos. Foino Papá, cuéntame otra vez. E éo La Llamada.



FICHA ARTÍSTICA

CANTANTE. ISMAEL SERRANO.

DIRECCIÓN MUSICAL E TECLADOS. JACOB SUREDA.

FACEBOOK

 

TWITTER

 

INSTAGRAM