Música

IX Ciclo Elas son Artistas | EDE – Xira Fieralinda

IX CICLO ELAS SON ARTISTAS

 

A novena edición do ciclo metropolitano pola igualdade na música e as artes conclúe este ano coa presentación de Ede no Teatro Colón.

Ede é artista, compositora, actriz e creadora escénica que trazou un camiño propio dentro da música española, combinando unha escritura sensible e contundente cunha posta en escena profundamente conectada ao corpo. O seu traballo nace do cruzamento entre música, corpo e palabra, e foise consolidando como unha forma de pensamento que busca habitar a arte desde a intuición, o risco e a escoita. Formada en canto, interpretación e escritura, desenvolveu unha traxectoria transversal que percorre a canción de autor, o teatro físico e a creación contemporánea.

Fieralinda é o punto de maduración dese proceso: unha obra dividida en dúas partes —Fera e Linda— que dialogan entre si desde a contradición. Un proxecto escénico e musical que elixe o teatro como dispositivo principal e reivindica a presenza como forma de resistencia nun mundo saturado de pantallas. A súa proposta transcende o formato canción. É tamén unha forma de pensamento e de estar no mundo.