Jorge Blass (Madrid 1980) comezou a súa carreira máxica no ano 2000 cando protagonizou un spot de televisión no que unía maxicamente unhas liñas telefónicas. Os seus espectáculos obtiveron algúns dos máis prestixiosos galardóns internacionais como a Varita Máxica de Ouro, entregada pola S.M. Príncipe Rainiero de Mónaco ou o Premio Siegfried and Roy en Las Vegas, EEUU. Nos últimos anos presentou a súa maxia en lugares coma o Kodak Theater de Los Angeles ou a Exposición Universal de Shangai. En televisión Jorge presentou e dirixiu 3 tempadas do seu propio programa ‘Nada x aquí‘ (Cuatro 2006 – 2008). En 2013 dirixiu o programa ‘Por arte de Magia‘ do Grupo Antena 3, un novo formato inspirado en ‘The Magicians‘ (BBC). Neste novo show Jorge colabora no papel de ‘coach máxico’ de distintos famosos. Artista habitual do prestixioso ‘Magic Castle‘ de Hollywod, director do Festival Internacional de Magia de Madrid. Jorge é patrono da Fundación Abracadabra e escribiu dous libros: ‘Magia para no dejar de soñar‘ (Martinez Roca, 2003) e ‘La Fuerza de la Ilusión‘ (Alienta, Planet 2011).
Un sorprendente e novo espectáculo, para todos os públicos, onde o popular ilusionista Jorge Blass introdúcenos no seu gran universo máxico.
A proposta de Jorge é actual e fascinante con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é protagonista. Todo isto envolto nun halo de misterio e coidada estética que consegue que volvamos a ilusionarnos e a soñar co imposible. Non o podes perder!
JORGE BLASS, ‘El arte de la magia’
ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR

DOSSIER