Música

José Suárez: Suite para unha vida – Rafa Fernández

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

O proxecto ‘José Suárez: Suite para unha vida’ nace ca idea de homenaxear á vida e a obra de José Suárez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente.

Esta obra consiste nun concerto de música orixinal escrita para guitarra eléctrica, arpa e teclado executada en directo mentres gozamos dun espectáculo de videocreación en vivo con fotografía orixinal dixitalizada, así como fragmentos de 8mm.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 16 de Novembro de 2022 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

(Español)
  • Rafa Fernández – Guitarra eléctrica
  • Bleuenn Le Friec – Arpa
  • Virxilio da Silva – Guitarra eléctrica
  • Álex Salgueiro – Teclados
  • Iván Torres - Visuais