Música

KHITARA, unha viaxe íntima pola historia do rock

Khitara é un novo proxecto de Jose Carballido no que se nos presentan versión de grandes cancións do rock internacional arranxadas e reinventadas para un conxunto instrumental de catro guitarras e percusión. Concretamente trátase de dúas guitarras españolas, dúas eléctricas, un caixón e instrumentos de pequena percusión.
O realmente apaixonante deste proxecto é descubrir como a través dun equipo tan pouco habitual se consegue unha sonoridade única e extremadamente interesante que combina a dozura das guitarras clásicas coa agresividade das eléctricas e de que xeito os temas interpretados se converten en novas obras debido precisamente á sonoridade tan especial da agrupación.
Cada tema do que Khitara fai versións soa íntimo, próximo, acústico e está aderezado con arranxos inéditos ata a data. Todo isto unido á extensa formación de cada un dos instrumentistas garante un concerto de altísima calidade no que calquera amante da música gozará dunha sonoridade tremendamente agradable.

Prezo: ANTES 18/01/2015: 6 € (VR) / 8 €. DESDE 19/01/2015: 8 € (VR) / 10 €
Duración: 70 minutos

Calificación: +7

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 24 de Xaneiro de 2015 | 20:30

SINOPSE

O repertorio está baseado en temas de algunhas das bandas de rock máis importantes da historia da música como Led Zeppelin, Deep Purple, Queen, Pink Floyd, Kansas, Scorpions, Metallica, Bon Jovi…

Ao contar todas estas bandas cun equipo instrumental tan diferente á de Khitara, non se trata de copiar o que aqueles grupos facían senón de adaptar estas composicións á característica sonoridade de Khitara e, nalgúns casos, chegar a reinventar case por completo as partituras orixinais.

Como en todos os proxectos de Jose Carballido, a parte visual cobra un papel fundamental, sendo a directora de arte do proxecto Rosa Martínez, colaboradora habitual do compositor.



FICHA ARTÍSTICA

ARRANXOS, GUITARRA ELÉCTRICA E VOZ PRINCIPAL. JOSÉ CARBALLIDO. GUITARRA ELÉCTRICA E COROS. DANIEL AÑÓN, MÓNICA PITA. GUITARRA ESPAÑOLA E COROS. XOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ. CAIXÓN FLAMENCO E INSTRUMENTOS DE PEQUENA PERCUSIÓN. DIEGO LESTÓN. DIRECCIÓN DE ARTE. ROSA MARTÍNEZ.