Teatro

LA ASAMBLEA DE LAS MUJERES

Juan Echanove estreouse como director en Mérida con esta comedia escrita por Aristófanes no ano 392 a. de C. e versionada nesta ocasión por Bernardo Sánchez, que expón unha hilarante revolución feminina liderada por Praxágora (Lolita) e apoiada por outras cidadáns atenienses para asumir o Goberno. O texto cobra por si mesmo actualidade ao reflectir moitas das situacións e contrariedades da política e dos gobernos contemporáneos.

Lolita, Miriam Díaz-Aroca, María Galiana e Pedro Mari Sánchez encabezan un elenco de nove actores que dará forma a esta divertida trama coral. Luis Fernando Alves, Concha Delgado, Sergio Pazos, Bart Santana e Santiago Crespo completan o cartel.

Lolita lidera a revolución como Praxágora, un papel co que debutou no Festival de Mérida. Algúns dos seus compañeiros e compañeiras asumen diferentes roles ao longo da historia. Miriam Díaz-Aroca encarna a Clytia e María Galiana a Althea, ademais de outros roles para apoiar a revolución de Praxágora. Pedro Mari Sánchez dá vida ao sufrido marido de Praxágora, Blipero. Concha Delgado será Lavinia. Sergio Pazos interpreta a Cremes, Santiago Crespo a un cliente do prostíbulo e Bart Santana a un cidadán.

Entre todos montan a gran festa que imaxinou Juan Echanove para presentar esta toma de poder ateniense por parte das mulleres tras un sibilino golpe de estado no parlamento.

Aristófanes serviuse desta ‘revolución feminina’ para presentar a súa aguda crítica aos gobernantes atenienses e agora Juan Echanove utilízaa como escusa para facer o propio coa situación política contemporánea, para buscar o paralelismo coa situación da Grecia actual, por exemplo. Iso si, en ton de esmorga ao aire libre e de chirigota de carnaval na que non faltará a música, composta por Javier Rubial.

Prezo: ANTES 03/11: 24€ (VR) / 28€. A PARTIR DE 04/11: 26€ (VR) / 30€
Duración: 115 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 20 de Novembro de 2016 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: LOLITA, MARÍA GALIANA, MIRIAM DÍAZ-AROCA, PEDRO MARI SÁNCHEZ, LUIS FERNANDO ALVÉS, CONCHA DELGADO, SERGIO PAZOS, BART SANTANA, SANTIAGO CRESPO. VERSIÓN: BERNARDO SÁNCHEZ. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: JUAN GÓMEZ CORNEJO. DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: ANA GARAY. DESEÑO DE VESTIARIO: ANA GARAY, RAFAEL GARRIGÓS. DESEÑO DE PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE: LOLA GÓMEZ. MÚSICA ORIXINAL: JAVIER RUIBAL. REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA: MAMBO. REALIZACIÓN DE UTILERÍA: CARLOS DEL TRONCO. REALIZACIÓN DE VESTIARIO: CORNEJO. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: MÓNICA VIC. AXUDANTE DE VESTIARIO: JOSÉ ANTONIO GIGANTE. ASISTENTE JUAN ECHANOVE: JULEN ALBA. DIRECCIÓN: JUAN ECHANOVE.