Teatro

LA CURVA DE LA FELICIDAD

La Curva de la Felicidad é unha comedia:

• Para os que se namoraron algunha vez na súa vida e coñeceron a ruptura …

• Para os que intentaron refacer a súa vida con máis ou menos éxito …

• Para os que viven en parella …

• Para os que viviron en parella …

• Para os que soñan con comprar un piso e saben que non acabarán de pagar a hipoteca antes da súa xubilación …

En fin, para a sociedade española en xeral, porque LA CURVA DE LA FELICIDAD É UNHA COMEDIA DE HUMOR MODERNA E ACTUAL NOS SEUS CONTIDOS, NA SÚA ESTRUTURA E NA SÚA LINGUAXE.

Prezo: 16 € (anticipada, antes 26/09/2014) / 13 € (VR) / 18 € (a partir 26/09/2014) / 15 € (VR)
Duración: 90 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 3 de Outubro de 2014 | 21:30

SINOPSE

Que é La Curva de la Felicidad? 1. Unha comedia de humor que pon de manifesto a fraxilidade e vulnerabilidade do home de 40 cando se rompe a parella. 2. Unha comedia de humor que nos fala das relación home/muller en calquera idade e en calquera lugar, amosando as dificultades para atopar a comunicación e a estabilidade. 3. Unha comedia de humor que pon de manifesto a dificultade do home de vivir só, sen parella, sen amor … 4. Unha comedia de humor que nos recorda que o acceso á vivenda non só é imposible para os mozos senón tamén para un elevado número de separados/as e divorciados/as que abandonaron as súas primeiras vivendas.

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO. SERGIO FERNÁNDEZ ‘EL MONAGUILLO’, JOSU ORMAETXE, ANTONIO VICO, JESÚS CISNEROS. AUTORES. EDUARDO GALÁN E PEDRO GÓMEZ. DIRECCIÓN. JOSU ORMAETXE