Concerto

LA DANCE e SAY MY NAME [XOVES DE MÚSICA]

XovesdeMusica_LOGOS

LA DANCE

La Dance promo 1

La Dance, é un proxecto que nace en A Coruña, a finais do ano 2009, baseado na autoxestión e plena independencia creativa, de carácter ecléctico á vista das distintas bagaxes musicais dos seus integrantes e dando prioridade, polo tanto, ás cancións, protagonistas absolutas do proceso creativo.

A espontaneidade que caracteriza a música e letra oscila entre paisaxes escuras e introspectivas, ritmos eléctricos e formatos espidos, acústicos e directos.

A principios do ano 2012 grávase e edítase o seu primeiro traballo, ‘Noches rojas de Ljubjana’, integramente rexistrado ao longo do ano anterior nunha habitación, cun portátil e un só micro, autoafirmando a idea da autoxestión musical.

Coas maquetas-embrión deste disco quedan finalistas do XII Concurso de maquetas Cuac FM e co disco recentemente editado aparecen nos recompilación Inframundo VOL. 4 e Enchufados VOL. 1.

Este disco de corte acústico, denso e case ambiental é producido por Víctor ledo e Arturo Vaquero, mesturado e masterizado en Abrigueiro Estudios, en Friol (Lugo).

A principios de 2014 edítase o segundo disco, ‘Ciclosférico’, gravado e premesturado integramente nesa mesma habitación e, ao igual que no anterior, ultimando a mestura e o máster en Abrigueiro. Destaca polo seu contido cíclico, como o seu propio nome indica, tanto polas pasaxes que se exploran nas súas letras, como pola orquestración e ritmo das súas melodías. Cicloférico supón un disco máis ecléctico no que as bases electrónicas forman parte da atmosfera principal dos temas, deixando nun segundo plano o acústico.

Co disco recentemente editado aparecen na recompilación Inframundo V.5 e presentan os directos englobados en tres ciclos distintos con tres formatos e deseños distintos: ciclo espazos ciclosféricos, ciclo íntimos ciclosféricos e ciclo abertos ciclosféricos.

En setembro de 2016 sae á luz o seu terceiro traballo ‘Cruz del Sur’, un encontro entre o pagano e o relixioso que se reflicte nos textos e no tratamento sonoro a base de capas e mantas de son que envolven as cancións.

SAY MY NAME

saymyname_PEQ

No ano 2012, Andrea de Artaza e Dani Vaamonde únense para facer versión e comezar, por outra parte, a compoñer as súas propias cancións. Gravan con Arturo Kress unha maqueta acústica de dous temas propios e actúan na sala Le Club.

Say My Name, grupo de Pop Rock en inglés, nace ao ano seguinte coa incorporación de Jorge Salgado e Valeria Rubal, guitarrista e batería, respectivamente. No ano 2014 incorpórase Tomás Loroño, baixista, completando así a formación.

Say My Name grava o seu primeiro EP no ano 2013 con Arturo Kress nos Estudios Pirámide, contén os seus cinco primeiros temas propios como grupo. Un destes temas é escollido por Turismo da Coruña para un vídeo de promoción.

En xaneiro de 2014 realizan a súa primeira actuación no V Festival Solidario, En Directo, xunto a outros sete grupos da cidade, resultando elixidos polo público como gañadores da gravación dun segundo EP.

En abril dese mesmo ano actúan en diferentes escenarios do percorrido da III Maratón Coruña 42.

En xuño forman parte dunha das finais para actuar como teloneiros no Festival Noroeste Pop Rock e posteriormente actúan na sala Le Club como parte do I Circuíto Coruña Sonora.

En xullo de 2015 saíu á venda o seu primeiro disco que leva por título ‘Say My Name’. Nel inclúense temas como ‘I’m In Love’, primeiro single do grupo. Nese ano presentan o seu disco por diferentes puntos de Galicia e finalmente actúan no Festival Noroeste 2015.

No ano 2016 son seleccionados por Radio 3 como semifinalistas de Proyecto Demo 2016. Actualmente e despois de presentar o seu disco por diferentes salas de Galicia como a Sala Pelícano, Sala Moon Music Club, Sala Son, Café Lanzós, … atópanse gravando o seu segundo vídeo clip.