Ópera
EVENTO INFANTIL INFANTIL

La Flauta Mágica, tu Primera Ópera

Ópera Divertimento / Rababiero Promocións Artísticas

A Frauta Máxica, a túa Primeira Ópera é unha adaptación para público infantil e familiar da celebérrima e universal Ópera Die Zauberflöte de W.A. Mozart. Todo un referente recorrente polas súas bondades: a música inesquecible de Mozart e un argumento entretido para todos os públicos.

Esta nova produción supón unha revisión mellorada da xa exitosa A Pequena Frauta Máxica. A proxección de vídeos sincronizados co traballo escénico e unha aínda maior participación activa do público na obra, son parte dos cambios respecto da escenografía anterior.

Unha revisión cara a unha maior implicación tecnolóxica na produción, máis acorde cos novos tempos e, principalmente, cos gustos dos máis pequenos.