Humor

La vida moderna Live Show

Corría o ano 2014 cando a emisora de radio Cadea Ser confiou sorprendentemente en David Broncano para encargarse dun novo programa. Con todo, o orzamento foi tan exiguo que só lle deu para contratar a dous señores maiores con problemas co alcol: Quequé e Ignatius. Contra todo prognóstico, o que comezou sendo un programa especial para a tempada estival acabou converténdose nun espazo diario. Ao redor del, reuníase o máis sacro do grupo de poboación con evidentes problemas de aceptación social. Ante tal éxito, estas tres novas promesas da comedia preguntáronse como poderían perpetuar a súa estafa.

Desta maneira naceu La vida moderna Live Show, un espectáculo de humor non apto para cardíacos.

Pásate polo teatro e comproba de primeira man o motivo do éxito destes tres monstros da risa!

Prezo: Principal e palcos VR: 18€ / Palcos e platea: 20€
Duración: 105 min.

Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 16 de Marzo de 2018 | 22:00