Duración: 120 minutos
Calificación: TP
Mentres os homes só se preocupan de facer a guerra e loitar pola súa patria contra os mouros, as mulleres agardan a que o seu pai decida por elas sobre como será a súa vida, con quen se casarán e cando. Pero Teresa e Inés son moitísimo máis activas que todo iso e xa decidiron elas mesmas con quen se queren casar e de que xeito, xa entregaron o seu amor a dous homes dos que se namoraron. Eles, mentres están libres da guerra e agardan volver á loita, aproveitan a circunstancia e cando ven que elas lles esixen un determinado comportamento, botan a correr. As dúas mulleres burladas, cheas de rabia e de razón, deciden converterse en bandoleiras e matar a todo home que pasee pola serra que escolleron para vivir a súa vinganza. Pero na nosa sociedade, son elas as que han de ser xulgadas aínda que sexan elas as deshonradas.
LAS DOS BANDOLERAS
ESPECTÁCULO CANCELADO POR PROBLEMAS DE SAÚDE
MÁIS INFORMACIÓN
COORGANIZA:


UNHA PRODUCIÓN DE FACTORÍA ESCÉNICA INTERNACIONAL E COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO
Tense feito con frecuencia un retrato das serranas coma mulleres matahomes e salteadoras para desfiguralas, pero en realidade o bandoleirismo foi sempre un fenómeno sociolóxico universal produto de factores relacionados coa miseria e a inxustiza nalgúns momentos determinados, que propiciaron unha rebeldía como única resposta a unha sociedade que só defendía os intereses duns cantos , neste caso, dos homes.
As nosas dúas bandoleiras, aínda que hai moitas máis, non son nin terribles, nin deformadas, nin agresivas, só teñen rabia por ter sido insultadas e enganadas e non teñen ningunha oportunidade de restablecer a súa ‘honra’, só por medio da vinganza que é a única vía que o seu entorno lles permite. Son listas, graciosas e cheas de vida e ilusións frustradas que sacan pegando aos homes.
E, ademais, hai unha cousa belísima: o seu pai, que as ten que castigar porque a lei así o ordena, rómpese por dentro e ten unhas contradicións enormes nunha das mellores escenas da obra.
O verso de Lope é marabilloso, vivo, orgánico, rítmico. Fai que o texto flúa dentro dos corazóns dos personaxes, crea a arquitectura para que saia con toda a súa organicidade.
Carmen Portaceli e Marc Rosich