Comedia

LAVAR, MARCAR Y ENTERRAR

‘Lavar, Marcar y Enterrar’ é unha comedia de balas, caveiras e perrucas. Descúbrenos que a vinganza se serve ao calor dun secador de man e non hai mellor defensa que unha boa tintura. Ensínanos que é doado enterrar o pasado pero moi complicado que este permaneza inmóbil e en silencio nos sotos dun salón de peiteado.

Nun local do barrio madrileño de Malasaña, catro personaxes vense forzados a compartir oitenta metros cadrados durante unha noite de armas sen seguro e perigosos recordos. Lucas e Verónica, dous frustrados aspirantes a policía nacional, conviven durante horas con Gabriela e Fernando, ela a orgullosa dona do salón de peiteado Cortacabeza e el o seu mellor pero máis neurótico empregado.

Por que as pantasmas non teñen pelos na lingua cando contan as súas miserias? Por que intentamos alisar o noso futuro cortando só as puntas? Conseguen prendedores do pelo, bigudís e rolos rizar un argumento? Pode un salvarse da verdade polos pelos? É necesario que o pelo estea húmido para cortar polo san co pasado?

Aínda que ‘Lavar, cortar y enterrar’ pretende contestar a todas estas preguntas tamén ten a intención de que os espectadores que cada noite asistan a cada función sexan inmensamente felices durante o tempo que estean violentamente secuestrados no noso salón de peiteado.

Prezo: ANTES 20/07/2016: 20 € (VR) / 22 €. A PARTIR DE 21/07/2016: 20 € (VR) / 25 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 4 de Agosto de 2016 | 20:30
  • Venres, 5 de Agosto de 2016 | 20:30
  • Sábado, 6 de Agosto de 2016 | 19:00
  • Sábado, 6 de Agosto de 2016 | 21:30
  • Domingo, 7 de Agosto de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: MIRIAM DÍAZ-AROCA, JUAN CABALLERO, REBECA PLAZA, MARIO ALBERTO DÍEZ. DIRECCIÓN DE ARTE: JUAN CAMBLOR. PRODUCIÓN EXECUTIVA: RAFA SÁNCHEZ, MARÍA JOSÉ PORTILLA. FOTOGRAFÍA: EUGENIO RECUENCO, PAZ OTERO. PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE: CORTA CABEZA, SARA ALVÁREZ. VESTIARIO: ESCUELA DE ARTE DÍEZ – MADRID.