Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +18
Manuel e Sandra roldan os corenta e non teñen nada do que a sociedade supón que deberían ter a esta idade. Nin fillos, nin parella, nin cartos, nin casa … Por iso se consideran a eles mesmos uns perdedores. Pensan que non poderán saír adiante, que eles non merecen ser felices. Pero equivócanse. Porque todo o mundo ten dereito á felicidade, e porque ser feliz non depende dos bens materiais ou do que determinen as modas, depende de nós mesmos. De superar os nosos medos e as nosas limitacións.
Manuel e Sandra están sos, pero queren deixar de estalo. Son infelices, pero queren deixar de selo.
A ver como o conseguen …
DRAMATURXIA: MARTA BUCHACA. DIRECCIÓN: GUILLEM CLUA. REPARTO: MARIA PUJALTE, VICENTE ROMERO. ESCENOGRAFÍA: SEBASTIÀ BROSA. VESTIARIO: LIBERT LADO. ILUMINACIÓN: DAVID BOFARULL. ESPAZO SONORO: IMMA SUST. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: JAVIER LINARES MORENO. COPRODUCIÓN: LA VILLARROEL, PENTACIÓN ESPECTÁCULOS E FAIG PRODUCCIONES.
LOSERS, con MARIA PUJALTE e VICENTE ROMERO
María Pujalte e Vicente Romero forman a parella que autora de ‘Losers’, Marta Buchaca, escolleu para interpretar aos seus característicos personaxes.
Un espectáculo con situación e atmosfera moi actual, que provocará as risas do público tanto polas divertidas escenas que viven os seus protagonistas como pola identificación que se producirá entre os espectadores e os personaxes ao longo da función.
‘Losers’ repasa os diferentes momentos que vive unha relación de parella, dende que se coñecen nun apaixonado e atractivo inicio ata que ambos xa saben con quen comparten realmente a súa vida, coas súas virtudes e os seus defectos.
Veremos se o feito de coñecer as particularidades máis íntimas de cada un, sumado ao desgaste do tempo, pode ser definitivo; ou se prevalecerá o que realmente senten o un polo outro ou o medo de quedarse só a certa idade.
Así pois, a comedia está servida!