Humor

LUIS PIEDRAHITA, ‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas’

El humor es un arma de construcción masiva’
(Luis Piedrahita)

‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas’ é un espectáculo de stand up comedy creado e protagonizado por Luis Piedrahita. Esta vez o polifacético artista quere subirse ao escenario para demostrar que só se vive unha vez … e que é esta. Moita xente di ‘só se vive unha vez, que ganas teño de que chegue!’ ¡Error! Este espectáculo ensínanos que a vida é coma un hotel: un sitio no que imos estar pouco tempo e temos que levarnos todo o que poidamos. Luis amósanos as nosas miserias diarias para que nos riamos delas: O seu humor recoñecible e cotiá amósanos a desactivar a envexa, o egoísmo, a desconfianza … En ‘Las amígdalas de mis amígdalas’, Luis constrúe un mundo no que todas esas miserias seguen existindo pero lonxe de xerar sufrimento e proído, desatan as gargalladas máis liberadoras.

Neste espectáculo, Luis Piedrahita reflexiona acerca das esponxas de baño, as avelaíñas, os ascensores, os hoteis … Luis atopa motivos para a reflexión en cada un destes temas e un paralelismo inevitable coa alma humana. Luis convídanos a acompáñalo durante case hora e media de show, de risas e emocións, conseguido todo isto sen máis artificios que a súa personalidade, a súa voz e o seu corpo. Stan up comedy xenuíno.

Non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI. O que si queremos ocultar é que foi o propio Piedrahita o que o dixo.

Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é humorista, escritor, director de cine e ilusionista. Despois de máis de quince anos de éxitos presentando os seus espectáculos de stand up por España e Latinoamérica, agora presenta a súa nova proposta: ‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas’. Un título que só podería ter saído da súa mente. Un texto intelixente que reivindica a imaxinación e o humor máis próximo á poesía. O humor dos pequenos obxectos.

LAS AMIGDALAS_DINA3(1)

Prezo: ANTICIPADA: 15€ (VR) / 16€ / 19€. DÍA FUNCIÓN: 15€ (VR) / 18€ / 21€
Duración: 80 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 19 de Maio de 2017 | 21:00
  • Sábado, 20 de Maio de 2017 | 20:00
  • Sábado, 20 de Maio de 2017 | 22:30