Música

MAIOJAZZ: Ana Díaz

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | MAIOJAZZ: ANA DÍAZ – MALOSERÁ

 

Ana Díaz é unha rapaza nova e chea de talento. É cantante, compositora e intérprete.

A súa música pretende situar Galicia no panorama do mundo globalizado e, por iso, os seus concertos se presentan como unha experiencia que é plurilingüe pero que non perde o sabor da terra.

Ademais de empregar a nosa lingua nalgúns dos seus temas, as súas raíces galegas están presentes nas melodías e na técnica vocal, pois estivo inmersa na música tradicional galega dende que naceu.

Da fusión do anterior coa súa formación en jazz e soul nacen temas contemporáneos e internacionais, cun forte carácter persoal.

As súas cancións xiran sobre temas como o amor ou a desigualdade debullados a través da súa experiencia persoal, sempre na procura da catarse do público, que poderá empatizar coas súas emocións recoñecendo nelas as propias.