Música

MaioJazz | JUZZ

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

JUZZ é a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva, unha proposta que se move con liberdade entre o jazz, o rock progresivo e a experimentación sonora. A súa música combina influencias diversas, do jazz fusión ao post-rock, construíndo un universo intenso e aberto.

Nacido a partir dun proceso de investigación e creación iniciado durante os seus estudos en Holanda, o proxecto consolidouse con dous traballos discográficos que exploran novos territorios sonoros e estéticos.

O directo de JUZZ destaca pola súa enerxía, a improvisación e unha identidade propia que desafía as etiquetas.

  • Virxilio da Silva: Guitarra
  • Rosolino Marinello: Saxo Tenor
  • Xan Campos : Rhodes + Poly D
  • Álex Salgueiro: Órgano Hammond + Mellotron + OB6 + Frauta travesa
  • Felix Barth: Baixo eléctrico
  • Iago Fernández: Batería