MATINAIS - Concerto
EVENTO INFANTIL INFANTIL

María do Ceo – Cancións para Nenas e Nenos

María do Ceo e A Rum Rum Teatro

A través da apresurada vida de dúas amigas dunha grande cidade, de calquera cidade galega, descubriremos grazas á música de María do Ceo e ás letras das súas cancións o bo que é ás veces pararse a respirar e volver ao rural; á casa da avoa, á aldea. Onde o tempo corre doutra maneira. Escoitar ao Cuco pola mañá, dar de comer á vaca cachena ou a Galiña azul, celebrar o aniversario.

Este concerto, abrangue cancións para todas as idades, desde os bebés cunha canción de berce até o Babel plurilingüe ou as metáforas das xestas, a emigración da xoaniña, ou a solidariedade da Galiña Azul.

Todo canto se faga para os cativos, faise para o país, para o futuro, para a identidade dun pobo. A formación, experiencia, coñecemento e disfrute que se inclúa en calquera obra, ten un importante valor engadido.

Un concerto teatral para toda a familia, onde grandes e pequenos gozarán de pezas que falan de respecto, amizade, liberdade, diversidade ou solidariedade.