Música

MARIA DO CEO, Fado Minhoto e outras músicas

Maria do Ceo trae ao Colón as súas vivencias feitas cancións, o seu Fado Minhoto, o seu Fado e outras música. Quere celebrar con este concerto os seus 20 anos na canción e os seus xa once discos editados.

María do Ceo é fado en estado puro, actualmente está considerada unha fadista tradicional, polo que nalgúns medios de comunicación xa a consideran a sucesora de Amalia Rodriguez, tanto no estilo, como na interpretación.

María do Ceo, cando canta transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa intérprete de fado, porque realmente ela é: corpo de muller e alma de fado.

Unindo as súas múltiples influencias ao sentir portugués a á dozura natural do idioma galego, dotada de calidades vocais excepcionais, envolve de inmediato ao público nun ambiente máxico coa musicalidade sobrecolledora que lle brota da alma.

Sensible, coa sinxeleza reflectida na soidade dun máximo de dous instrumentos por peza, coa súa inconfundible voz que traspasa ventrículos e miocardios ata a profundidade da alma (xusto ao lado de onde se agochan as bágoas), cada canción parece estar enchida dunha orquestra sinfónica.

María do Ceo converte en vangarda o máis tradicional e o vangardista en fado.

Realizou concertos en España, Francia, Portugal, Italia, Arxelia, México, Arxentina, Uruguai, Alemaña, Exipto, etc.

MariadoCeo_cartel_PEQ

Prezo: ANTICIPADA: 12 € (VR) / 15 €. DÍA FUNCIÓN: 15 € (VR) / 18 €
Duración: 90 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 2 de Outubro de 2015 | 21:00