MATINAIS -Música
EVENTO INFANTIL INFANTIL

María Fumaça

Aire. A. C. María Fumaça

Prezo: ENTRADAS ESGOTADAS



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 22 de Outubro de 2017 | 12:00

SINOPSE

A nosa locomotora da alegría segue atravesando vales e montañas, cruza océanos e voa por riba das fronteiras. Os vosos folgos e aplausos fixéronnos embarcar nesta terceira aventura con máis risco se cadra, sen rede, deixándonos levar polo que máis nos gusta: as ganas de divertírmonos xuntos, cantar e bailar ata rebentar. O noso novo espectáculo é unha invitación a entrar no universo do noso maquinista Ruí, nos seus xogos, no seu mundo rico, imaxinativo e diferente, a entendelo por riba de todo e a respirar o mesmo aire.  

FICHA ARTÍSTICA

Uxía, Magín Blanco, Tatán, Andrés Giráldez, Sérgio Tannus, Santi Cribeiro, Antonio Castillo, Raquel Domínguez, Pablo Ces, Oli Xiráldez, Chus, Ana, Manola, Ruí e as máis de 30 persoas que integran a familia María Fumaça.