Recital

Michael Spyres, o tenor romántico

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA

Tralo extraordinario éxito que obtivo con Ermione na Temporada Lírica coruñesa, en 2015, e que logo ese mesmo ano repetiría en París, Michael Spyres, o único verdadeiro baritenore dos nosos días regresa agora á programación cun concerto no que ofrecerá unha mostra do seu variado repertorio, da máis alta esixencia vocal. Dende Mozart aos grandes roles do romanticismo, o tenor norteamericano interpretará un programa de extraordinaria dificultade técnica, que inclúe arias de enorme lucimento de El barbero de Sevilla ou Zelmira, de Rossini, ata Los pescadores de perlas, de Bizet, ou Luisa Miller, de Verdi.

Prezo: ENTRADAS Á VENDA O 24 DE XULLO



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 21 de Setembro de 2019 | 20:00