Monólogos

Miguel Lago

Presenta ‘Miguel Lago pone orden’

Miguel Lago volveuno facer. Despois de varias tempadas de éxito con ‘Soy un miserable’, o cómico galego sobe ao escenario cun espectáculo completamente novo e inédito en televisión, ‘Miguel Lago pone orden’.

Logo das súas soadas e aplaudidas aparicións en ‘El club de la comedia’, ‘Latemotiv by Buenafuente’ ou no seu programa diario ‘Todo es mentira’, estrea un show que foi concibido como unha catarse, unha explosión de sinceridade co seu particular e sarcástico xeito de ver o mundo. Miguel preséntase disposto a “poñer orde dunha maldita vez” ante o caos que o rodea.

Se xa che pareceu un “fillo da puta” no seu momento, prepárate porque como o propio artista asegura “se non me denuncian por este monólogo, eu xa non sei que máis facer”.

Atréveste a vir e partirte de risa?