Música

MIKE STERN BAND featuring Dennis Chambers-Bob Franceschini-Leni Stern-Chris Minh Doky

+Q JAZZ

 

MIKE STERN (Guitar)
Stern, nacido o 10 de xaneiro de 1953, é un guitarrista de jazz estadounidense. Despois de tocar con Blood, Sweat & Tears, traballou co baterista Billy Cobham, e despois co trompetista Miles Davis de 1981 a 1983 e de novo en 1985. A partir de ahí comezou unha carreira en solitario, publicando máis dunha ducia de álbums.

Stern foi nomeado mellor guitarrista de jazz de 1993 pola revista Guitar Player. No Festival Internacional de Jazz de Montréal, en xuño de 2007, recibiu o premio Miles Davis, creado para recoñecer a artistas de jazz recoñecidos a nivel internacional cuxo traballo contribuíu de xeito importante á renovación do xénero. Stern figura na lista de Down Beat dos 75 mellores guitarristas de jazz de todos os tempos.

Recibiu o premio Certified Legend da revista Guitar Player o 21 de xaneiro de 2012.

Stern creceu en Washington, DC, e asistiu ao Berklee College of Music de Boston.Cando tiña vinte e dous anos, fíxose membro de Blood, Sweat & Tears e pasou tres anos coa banda.

DENNIS CHAMBERS (Drums)
Chambers (1959) comenzou a tocar batería aos catro anos de idade, é un dos bateristas máis recoñecidos do panorama internacional, dominando prácticamente todos os estilos.
En 1986 el xuntouse a banda de John Scofield e desde entón tocou coa maioría das principais figuras da música jazz fusion do mumdo.

Gravou e tocou con Tom Coster, John Scofield, George Duke, Victor Wooten, Brecker Brothers, Santana, Parliament/Funkadelic, John McLaughlin, Niacin, Mike Stern, CAB, Greg Howe e moitos outros.
Con CARLOS SANTANA fixo numerosas xiras por todo o planeta.

En decembro de 2004, Chambers foi premiado cun Doutorado Honoris Causa da Música da Berklee College of Music.

BOB FRACESCHINI (Sax)
O saxofonista B. Franceschini traballou entre outros, con George Benson, Eddie Palmieri, Woody Shaw, Chaka Khan, Paul Simon, etc.

Nos últimos anos colabora regularmente con Mike Stern e YELLOWJACKETS.

LENI STERN (Guitar)
L. Stern, foi nomeada en 2017 polo mensual Guitarrista una das guitarristas máis sensacionais de todos os tempos. De orixe alemá, estudou con Bill Frisell e ama a música africana. Desde 1980 está casada con Mike Stern e a súa longa relación é unha inspiración continua para ambos.

CHRIS MINH DOKY (Bass)
Criado en Dinamarca, o baixista mudouse logo a Nova York, onde rapidamente se fixo popular entre Mike Stern, John Scofield, Michael Brecker e Sakamoto. A súa carreira oscila entre o jazz contemporáneo e a música clásica.