Teatro Afeccionado

MILES GLORIOSUS, Compañía Noite Bohemia

A compañía de teatro Noite Bohemia achégase ao texto de Plauto dende o punto de vista dunha comedia total. Sesenta minutos de gags e situacións irrisorias para crear unha comedia ambientada nunha roma moi imperial. Soldados, escravos e mulleres de mal vivir para unha proposta de hai 2000 anos moi actualizada.

Soldado_Fanfarron

Prezo: ANTES 22/03/2015: 3 € (VR) / 5 €. A PARTIR DE 23/03/2015: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 60 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 29 de Marzo de 2015 | 19:00

SINOPSE

Pirgopolínices, un soldado farfallán do que se burlan ata os escravos, rapta a Filocomasia, cortesá ateniense, e lévaa a Éfeso consigo; ademais, o mesmo militar recibe como agasallo duns piratas a Palestrión, criado do mozo ateniense Pléusicles, que estaba namorado de Filocomasia, ao igual que ela del. Pléusicles viaxa tamén a Éfeso para intentar recuperar a Filocomasia, e hospédase na cada contigua á do militar. O criado fai un burato na parede, para que os namorados se poidan ver. Escéledro, un dos criados do militar descobre a Filocomasia e Pléusicles bicándose, pero eles e Palestrión négano, e fanlles crer que chegou a Atenas a irmá xemelga de Filocomasia, que era a que se estaba bicando con Pléusicles.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: JUAN FILGUEIRAS, MARIO RODRIGUEZ, ISABEL GARRIDO, ZOE FUENTES, NACHO PENA, PECRO LAGO, LIA LIÑARES, XOÁN BONOME, PABLO RÚA. DIRECTOR: JAVIER FERNÁNDEZ MARIÑO.