Música

Milladoiro presenta o seu disco Atlántico

Ciclo Estreas

Velaquí Milladoiro. O Milladoiro de sempre e, ao mesmo tempo, un Milladoiro renovado, permanentemente renovado, consonte quen sabe que a identidade, que se constrúe con afouteza, intelixencia, talento e traballo, moito traballo, debe ser algo para revisar constantemente, revisitar deberíamos dicir, para que, como os vellos licores, decante e dea as mellores esencias.
Sinfonía en doce tempos. Os antigos dicían que o Mar Maior empezaba fóra de puntas, alén dos freus e das illas, o Mar Antigo, horizontes abertos para respirar, mais tamén para afrontar o risco e a aventura, o camiño, que no noso caso é o roteiro do sol, dende as brañas mariñás a Terranova, dende Ortegal ao Támese e o Gran Sol, o Mar Céltico, co gaiteiro na ponte do navío e as gaivotas a sinalar o rumbo, coma aquel Xoán de Boimorto na nau de don Bartolomeu, nos días da Gran Descuberta.
Velaquí Milladoiro que nos convida a viaxar alén de nós, no mar da memoria e do tempo, o mar da saudade, esa luz diferente que marabilla o mundo e fala de nós dende as varandas derradeiras.

Asdo. Víctor F. Freixanes

 

 

 

Prezo: Principal (fila 1): 8€ / Principal: 11€ / Palcos laterais: 14€ / Palco central e platea: 18€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 13 de Outubro de 2018 | 20:30