Música

Nacho Vegas en concerto

Ciclo Nadal no Colón

Nacho Vegas é, a día de hoxe, un dos artistas máis consolidados e respectados do noso país. Nos escenarios desde os anos noventa con grupos como Eliminator Jr ou Manta Ray, comezou a súa carreira en solitario en 2001 co selo independente madrileño Limbo Starr mentres paralelamente formaba o grupo Lucas 15 con outros músicos asturianos. Con este selo publicou o seu primeiro disco en solitario, Actos inexplicables (2001).

Desde que comezou a súa traxectoria en solitario, Nacho Vegas publicou varios discos e EP, e tamén fixo destacadas colaboracións, como El tiempo de las cerezas con Enrique Bunbury (2006) ou Verano Fatal (2007) con Christina Rosenvinge.

O pasado mes de xuño, Nacho Vegas editou Violética (Marxophone, 2018). O álbum contén 18 temas e conta con diversas colaboracións, entre as que salientan as de Cristina Martínez, Christina Rosenvinge ou María Rodés.