Música

Nelson Quinteiro presenta ‘Músicas de domingo’

ESPAZO BIODIVERSIDADE

Músicas de domingo

Presentación oficial e posta de longo do novo disco Músicas de domingo de Nelson Quinteiro (voz) e Brais González (piano) nunha posta en escena con moito de escénico e a participación de amigos como Blas Castañer (percusión sinfónica), David Álvarez Caneda (acordeón) ou Alba F. Troiteiro (pintura ao vivo) nun concerto que se converterá nunha gran festa coa participación de case un cento de gorxas dos Colectivos Máis Cantos de Marín, Poio e Pontevedra.

Música galega en maiúsculas, vestida de domingo e na que a sensibilidade e o talento de Brais González enlázase coa personalidade de Quinteiro para dar como resultado melodías directas, rítmicas, vibrantes nun concerto moi participativo e emocionante que te deixa cun sorriso nos beizos. Un constante xogo de latitudes que fai das pezas de tradición galega algo tremendamente universal. Descúbreo!